Pedroso, Rodeiro
San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Pedroso | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xiao de Pedroso. | |
Concello | Rodeiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′05″N 7°59′52″O / 42.6847651, -7.99769229Coordenadas: 42°41′05″N 7°59′52″O / 42.6847651, -7.99769229 |
Poboación | 91 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez
EconomíaEditar
Nesta parroquia a actividade principal é a gandaría e a agricultura, dela viven case a totalidade dos veciños que están en activo. Existía a tradición da extracción de pedra das súas canteiras. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de gran calidade, por formar bloques sen fendas.
PatrimonioEditar
Habitada desde a antigüidade, hai restos dun castro e varias mámoas, consérvase unha ponte do século XII sobre o río Arnego, a Ponte de Pedroso. A igrexa parroquial construíuse entre os séculos XII e XIII, con nave e ábsida rectangular.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pedroso, Rodeiro.
Ponte Pedroso, sobre o río Arnego.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PedrosoEditar
Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Rodeiro (Pontevedra) | |
---|---|