Gumersindo Areán Rodríguez

aviador galego

Gumersindo Areán Rodríguez, nado en 1898 en Pedroso (Rodeiro) e finado en 1974, foi un aviador republicano galego.

Gumersindo Areán Rodríguez
Gumersindo Arean Rodríguez.jpg
Nacemento1898
 Pedroso
Falecemento1974
 México
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPiloto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Músico na súa xuventude, era membro da banda de Moimenta. O servizo militar levouno a Tetuán. Reenganchou no exército e foi ascendendo. Atraído pola aviación, fixo o curso de metrallador-bombardeiro no aeródromo de Cuatro Vientos. Pasou á Escola de Carabanchel onde acadou o título de piloto. En 1928 foi ascendido a suboficial. Realizou voos en África (ruta Tetuán-Larache) e o primeiro percorrido Tetuán-Madrid.

Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose fiel á República, que o nomeou comandante do Exercito do Aire. Realizou varias misións vitoriosas que lle valeron o sobrenome de “Ave Negra”. Foi instrutor en Rusia para os novos pilotos do exército republicano, e xefe de escuadrilla de bombardeiros. Comandante dos aeródromos de Los Alcázares (Murcia) e La Zenia (Tarragona).

En 1939 marchou ao exilio en Francia, e logo de pasar por diversos campos de concentración, rematou no de Relizane (Alxeria). Logrou reunirse coa súa familia (os seus fillos José, Fernando e Marina) en Orán e en outubro de 1942 embarcaron cara México, onde permaneceu ata a súa morte en 1974.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar