Pazo de Camba
O pazo de Camba, tamén coñecido como casa fortaleza de Camba,[1][2] é unha construción civil situada en San Xoán de Camba (Camba, Rodeiro).
Pazo de Camba | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | casa señorial ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Rodeiro | |||
Parroquia | Camba | |||
Lugar | San Xoán de Camba ![]() | |||
[ Wikidata ] |

A súa torre, parte máis antiga, data do século XII e foise ampliando ata o século XVII. Foi parcialmente destruído no século XV durante as revoltas irmandiñas.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Os Camba son unha das familias nobres máis antigas de Galicia. Presentaron numerosos brasóns que tiveron en común a presenza de rodas de carro formadas por dúas pezas curvas ou “cambas”. Devandito símbolo era compartido cos Rodeiro, familia coa que estaban emparentados. Na parroquia de San Xoán de Camba e nas inmediacións da serra do Faro, temos un conxunto arquitectónico e histórico formado pola Casa-Fortaleza de Camba, que tamén é denominado Casa Forte de Seoane ou Pazo de Camba. Da fortaleza temos referencias xa na idade media, onde se coñecía como Fortaleza de Seoane de Camba, baixo os señoríos de Fernando de Camba. Tratábase dun recinto amurallado defendido por torres almenadas cun foso empedrado que podía ser mesmo asolagado. No século XV intentouse derruí polos Irmandiños
pero como estaba en rocha viva foi imposible; posteriormente, nos séculos XVI e XVII, transformouse nun Pazo que aínda conserva trazas da fortaleza como as tres naves e parte dunha das torres, que posiblemente fose a de homenaxe. Trátase dunha gran torre de 8 x 8 e un groso de paredes que van de 1,70 a 1, 50 metros. Conserva unha xanela de arcos semicirculares coroados por un tornalluvias e parte dos voladizos defensivos. No atrio, xunto ao muro da igrexa temos un sepulcro que pertence a Fernando de Camba (falecido en 1510). Atoparémolo roto, pois foi aberto para comprobar se gardaba unha armadura de ouro que contaban algunhas historias. Fernando de Camba participou na guerra de Granada xunto aos Reis Católicos.
Notas
editar- ↑ Casa Fortaleza de Camba na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Pérez Méndez, Luis Fernando (1998). Historia de la casa-fortaleza de Camba. Alvarellos. ISBN 84-89690-51-0.