Coordenadas: 41°14′2.3892″N 0°2′38.6808″O / 41.233997000, -0.044078000

Caspe (Casp en catalán e aragonés) é unha cidade histórica de Aragón, situada na parte oriental da provincia de Zaragoza a 100 km de distancia da capital. Con 10.220 habitantes (INE 2022), é a cabeceira da comarca do Bajo Aragón-Caspe.

Caspe
Colegiata de Sta María la Mayor.
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaAragón Aragón
ProvinciaZaragoza
ComarcaBajo Aragón-Caspe
Xeografía
Altitude150 msnm
Superficie503,33 km² km²
Demografía
Poboación10.220 hab. (INE 2022)
Densidade19,61 hab./km²
Xentiliciocaspolino/caspolina
Outros datos
Código postal50.700
AlcaldeFlorencio Meuris Repollés Lasheras (PSOE)
caspe.es
Rúa Maior de Caspe.

Situación Editar

Caspe sitúase na zona de transición entre Aragón e Cataluña, nas beiras do río Ebro o cal forma aquí o chamado Mar de Aragón.

Historia Editar

O lugar consta que xa existía no período musulmán como Qsp, Qasp ou Qasb (en diversas transcrición do árabe). O escritor musulmán Yaqut dos séculos XII-XIII indica que Qasb er un castelo (hisn) de Zaragoza.

En 1412 acolleu o Compromiso de Caspe, polo que se introduciu a dinastía de Trastámara no goberno do reino de Aragón.

Xa no século XX, durante a guerra civil española foi residencia do Consello de Aragón, o órgano de goberno do Aragón republicano. Redactouse aquí o Estatuto de Autonomía, que o desenvolvemento da guerra impedíu aprobar.

Demografía Editar

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
7.808 8.893 9.259 9.992 9.844 10.128 9.603 9.162 8.339 8.029 7.896 8.848

Economía Editar

Foi até hai unhas década un nó de comunicacións, tanto por estrada como por ferrocarril, pero vindo a menos. A súa economía baséase no sector servizos, na industria téxtil, en Caspe hai un centro loxístico de Adidas e nas grandes explotacións agrícolas de regadío próximas (en boa medida sostidas pola man de obra inmigrada). En relación con estas últimas cómpre destacar os pexegos de Caspe, pero que se amparan na denominación de orixe melocotón de Calanda.

Caspe tamén é coñecido a nivel internacional como lugar de pesca no próximo "Mar de Aragón", os encoros do Río Ebro.

Monumentos Editar

Conta cun importante patrimonio histórico-artístico, do que hai que salientar:

  • Castelo do Compromiso (en ruínas).
  • Colexiata de Santa María a Maior .
  • Mausoleo romano de Miralpeix, hoxe no casco urbano, pero traìdo desde Miralpeix.
  • Ermida da Malena ou Madanela.
  • Convento da Orde dos franciscanos.
  • Torre de Salamanca.

Por desgraza varias destas edificación atópanse en mal estado de conservación.

Cidades irmandadas Editar

Caspe está irmandada con: