A Marca hispánica era o territorio comprendido entre a fronteira político-militar do Imperio carolinxio co Al-Andalus e os Pireneos, desde finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e condados. A diferenza doutras marcas carolinxias, a Marca hispánica non tiña unha estrutura administrativa unificada propia.

Modelo:Xeografía políticaMarca Hispánica
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porCondado de Ribagorza, Condado de Urgell, Condado de Girona, County of Osona (en) Traducir, County of Pallars (en) Traducir, County of Cerdanya (en) Traducir, County of Roussillon (en) Traducir, Condado de Empúries, Condado de Barcelona, Counts of Berga (en) Traducir, County of Besalú (en) Traducir, County of Conflent (en) Traducir, County of Manresa (en) Traducir, Condado de Aragón e County of Sobrarbe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave

Historia

editar

Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, os carolinxios interviñeron no nordés peninsular a fins do século VIII, co apoio da poboación autóctona das montañas. A dominación franca fíxose efectiva entón máis ao sur tras a conquista de Xirona (785) e Barcelona (801). A chamada «Marca Hispánica» quedou integrada por condados dependentes dos monarcas carolinxios a principios do século IX. Para gobernar estes territorios, os reis francos designaron condes, uns de orixe franca e outros autóctonos, segundo criterios de eficacia militar na defensa das fronteiras e de lealdade e fidelidade á coroa.

O territorio gañado aos musulmáns configurouse como a Marca Hispánica, en contraposición á Marca Superior andalusí, e ía de Pamplona ata Barcelona. De todos eles, os que alcanzaron maior protagonismo foron os de Pamplona, constituído no primeiro cuarto do século IX en reino; Aragón, constituído en condado independente en 809; Urgell, importante sede episcopal e condado con dinastía propia desde 815; e o condado de Barcelona, que co tempo converteuse en hexemónico sobre os seus veciños, os de Osona e Xirona.

Nas imaxes, mapa físico-político do territorio entre o golfo de Biscaia e o mar Mediterráneo, e mapa político interpretando a Península Ibérica dos séculos IX e XI. Para a terminoloxía "Asturias" e "León" nos mapas, véxase tamén "Historiografía do Reino de Galicia".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.