Condado de Girona
O Condado de Xirona foi un dos condados que se constituíu a ambos os lados dos Pireneos despois da conquista dos francos aos musulmáns.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Girona City (en) | |||
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua catalá lingua latina | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 785 | |||
Disolución | 897 | |||
Sucedido por | Condado de Barcelona e Ducado de Gerona (pt) | |||
Este condado formou parte do territorio denominado a Marca Hispánica, e foi gobernado polos condes de Xirona, que moitas veces tamén eran condes de Barcelona.
Orixes
editarAntecedentes
editarA finais do século III a.C., un pobo céltico, os Volques, establecéronse na rexión sueste da actual Francia. As aúas capitais eran Tolosa e Nîmes, creando así unha primeira estruturación do territorio. No século I a.C. pactaron cos romanos, que creron Narbona para pacificar a rexión; no ano 118 a.C. esta cidade convértese na capital da provincia Narbonense. Ao principio do século V, os vándalos invadiron a rexión, aos que, poucos anos máis tarde, se impoñen os visigodos. A rexión de Narbona, a Septimania, así como toda a Hispania seguen sendo visigodas até a súa derrota fronte aos árabes no ano 719.[1]
A Septimania foi conquistada polos francos, e foi incluída no Reino de Aquitania, creado por Dagoberto I (603-639), fillo de Clotario II, rei dos francos para o seu fillo Cariberto II, en 778, na época dos merovinxios. Este vasto territorio que englobaba todo o sur do Ródano, co obxecto de facilitar a reconquista hispánica. O Reino, xa desaparecido, foi erixido outra vez en 781 por Carlomagno parea o seu fillo Lois o Piadoso. A administración se lles encomendou aos condes de Tolosa.[2]
No 814, á morte de Carlomagno, Lois foi proclamado emperador (Lois I de Francia) e en 816 separou a Septimania e deulla ao seu fillo Pipino I de Aquitania que xa gobernaba o territorio, e que foi coroado en Aquisgrán o 30 de xullo de 817. Pipino en 824 enviou unha expedición máis alá dos Pireneos para intentar restablecer a influencia carolinxia en Pamplona e Jaca. O ano 833 foi destituído polo seu pai Lois o Piadoso, e o reino foi dado a outro fillo (de diferente nai) chamado Carlos o Calvo.[2]
A orixe do Condado
editarAs orixes do Condado de Xirona encóntranse na reorganización do territorio que se levou a cabo despois de que, no ano 785, a cidade de Xirona se rebelara contra o dominio árabe e se entregara aos francos. Entón, foi nomeado conde de Xirona un nobre de nome Rostan.
Este primitivo Condado de Xirona ía desde o límite do condado de Empúries e o mar até o Macizo do Montseny e a Tordera por levante, e desde as montañas de Osona e as Guilleries polo noroeste, incluíndo o pagus de Besalú.
O dominio franco
editarDespois de Rostan, foi conde de Xirona Odilón (801-812 ou 817).
En 817, o condado de Xirona, xuntamente cos Condado de Narbona, o Condado do Rosellón, o Condado de Barcelona e o Condado de Empúries, integrouse dentro da Marca de Septimania.
Muerto Odilón, o conde Bera de Barcelona foi nomeado tamén conde de Xirona. No ano 820 Bera foi destituído de todos os seus cargos por Lois o Piadoso; entón, o Condado de Xirona, xunto co de Barcelona, pasou a Rampón (820-825) e, á súa morte, a Bernardo de Septimania, que foi tamén destituído por Lois o Piadoso en 832.
Entón, todos os Condados situados ao sur do Pireneo, coa excepción do Condado de Urgel e do Condado de Cerdaña, quedaron baixo o dominio de Berengario de Tolosa. Á súa morte en 835, Bernardo de Septimania recuperou o poder, sendo nomeado conde de Tolosa, Narbona, Xirona e Barcelona.[3] [4]
En 844, a causa da súa rebelión contra Carlos o Calvo, Bernardo de Septimania foi executado en Tolosa; daquela, o condado de Xirona pasou a Sunifredo I, que tamén fora nomeado conde de Barcelona.
Despois de que en 848 Sunifredo fora asasinado por homes leais a Guillerme de Septimania, fillo de Bernardo de Septimania, o Condado de Xirona foi gobernado por un conde chamado Vifredo, que o debeu rexer desde 848 até 853.
Segundo parece, entre os anos 862 e 870, o Conde de Xirona foi Otger. No ano 870, Carlos o Calvo invistiu como Conde de Xirona a Bernardo de Gothia, tamén Conde de Barcelona, Rosellón e Narbona. Pero destituíu a Bernardo de Gothia por rebelarse contra el en 878.
O rei de Francia Lois o Tatexo concedou o Condado de Xirona a Vifredo I o Viloso.[5] Desde entón, o Condado de Xirona estivo sempre unido ao de Barcelona.
A separación de Besalú
editarO pagus de Besalú formara parte do Condado de Xirona até que Vifredo o Viloso nomeou o seu irmán Radulfo, Conde de Besalú, coa condición de que, á súa morte, o Condado pasaría aos descendentes de Wilfredo I, da Casa de Barcelona.[6]
O conde Suñer I de Barcelona, Xirona e Osona, fillo de Vifredo o Viloso, tivo que enfrontarse ao seu irmán o conde Miró II de Cerdaña que, como fillo supervivente de máis idade, pretendía obter a herdanza de Condado de Barcelona. A disputa resolveuse cun acordo polo que Suñer obtiña o reconocemento de Miró, a cambio de cederlle o Ripollés, incluído até entón dentro do Condado de Osona. Os conflitos entre os dous irmáns reapareceron non moito despois. Nunha data incerta entre os anos 913 e 920, morreu o conde Radulfo de Besalú, irmán de Vifredo o Viloso; entón, Miró, apremando cos seus dereitos sobre Barcelona, Xirona e Osona, impúxose, e Besalú, a pesar de que fora un pagus do Condado de Xirona, foi vinculado ao condado de Cerdaña.[6]
Despois da separación de Besalú, o Condado de Xirona quedou configurado polo límite co Condado de Empúries, por debaiño de Bañolas e o castelo de Finestres, contra as Guilleries, sen a Plana d'en Bas, e polo actual límite do bispado de Vic (polos límites de Susqueda, Osor, San Hilario Sacalm, Joanet e Espinelvas) ata o coll de Sant Marçal, polos límites de Arbucias e do castelo de Montdosrius, con Breda, Hostalrich, Tordera e o castelo de Montsoriu e coas súas parroquias até Arenys de Mar.
Evolución do Condado
editarA pesar de estar unido sempre ao Condado de Barcelona desde finais do século IX, o Condado de Xirona tivo entidade propia visíbel na existencia do viscondado de Xirona e na cuñaxe de moeda propia. A expresión: Condado de Xirona mantívose viva até o século XIII, cando foi substituída pola de Vigairía de Xirona.
Condes de Xirona
editar- Rostan (785-801)
- Odilón (801-812? o 817?)
- Berá (812? o 817?-820)
- Rampó (820-825)
- Bernardo de Septimania (826-832)
- Berenguer de Tolosa (832-835)
- Bernardo de Septimania (835-844)
- Sunifredo I (844-848)
- Vifredo I de Xirona (848-853? o 862?)
- Odalrico (852?-858?)
- Hunifredo (858?-862?)
- Otger (862-870)
- Bernardo de Gothia (870-878)
- Vifredo ''o Viilloso'' (878-897)
Títulos de cortesía: o Ducado e o Principado de Xirona
editarNo ano 1351, o rei Pedro IV de Aragón, ao nomear ao seu herdeiro, outorgoulle o título de "duque de Xirona", elevando o Condado a Ducado, o cal abarcaba territorios dos Condados de Xirona, Besalú, Empúries e Osona, instituíndo así o título de Duque de Xirona que, por tanto, vén da Coroa de Aragón.
O 19 de febreiro de 1416, o rei Fernando I o de Antequera, considerou que o título de duque era insuficiente, e enalteceuno erixindo o Principado de Xirona. Este título pasou á Coroa de España e a súa actual titular é a princesa Leonor de Borbón.
Notas
editar- ↑ Deulonder i Camins 2017, pp. 23-24.
- ↑ 2,0 2,1 Deulonder i Camins 2017, pp. 35-37.
- ↑ Deulonder i Camins 2017, pp. 38.
- ↑ Abadal i de Vinyals 1962, pp. 13-29.
- ↑ Coll i Alentorn 1992, p. 246.
- ↑ 6,0 6,1 Deulonder i Camins 2017, pp. 37-39.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abadal i de Vinyals, Ramón d' (1962): Els primers comptes catalans Volum I. Barcelona. Edicions Vicens Vives. ISBN 978-84-3161-804-9.
- Abadal i de Vinyals, Ramón d' (1986): Catalunya carolíngia. Volum I. Barcelona: Edicions Vicens Vives. ISBN 84-7283-083-7.
- Coll i Alentorn, Miquel (1992): Història. Volum II[Ligazón morta]. Barcelona: Curial Edicions Calalanes. Publicacions de l'Abadia de Montserrat. ISBN 84-7856-989-6.
- Deulonder i Camins, Xavier (2017): "Els comtats catalans i la monarquia de França", pp. 23–39. En: França i Catalunya. Madrid: Bubock Publishigs, S. L. ISBN 978-84-6850-400-1.