O Lengüelle é un río galego, afluente do Tambre pola súa marxe dereita, na provincia da Coruña.

Río Lengüelle
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte dos Curros
Tordoia
Lonxitude27 km
Conca328 km²
DesembocaduraRío Tambre
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

Percorrido editar

Nace no municipio de Tordoia, no monte dos Curros a uns 350 m de altura, atravesando unha pequena parte deste municipio, para a continuación formar o linde entre os municipios de Trazo e Oroso, entre os cales rende as súas augas ao Tambre, preto do lugar de Vendas do Lengüelle, en Trazo, e da Estación de Oroso, en Oroso. A súa lonxitude total é de preto de 27 km e a súa conca hidrográfica abrangue unha área de 328 km².

Afluentes editar

Os principais afluentes do Lengüelle son o Cabrón pola esquerda, e o río de Pontepedra pola esquerda.

Réxime hídrico editar

É un curso de réxime pluvial, de tipo oceánico, correspondendo a unhas precipitacións medias na súa conca de 1.600 mm anuais.

Outros datos editar

A pesar da pouca importancia xeográfica do Lengüelle, Eduardo Pondal fíxoo figurar nun dos seus poemas.