Poulo, Ordes
San Xulián de Poulo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 333 habitantes (167 mulleres e 166 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 353 habitantes.
Poulo | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Poulo. | |
Concello | Ordes[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 333 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Na aldea de Carballo apareceron restos de canalizacións da época romana. Na aldea das Pardiñas atópanse restos dun poboado castrexo, o único do concello de Ordes no que aínda se se poden observar parte das edificacións.
PatrimonioEditar
Na parroquia hai unha vivenda dun andar con teito a dúas augas. Na fachada ten unha inscrición na pedra, xunto á porta de entrada, na que se di que o rei Filipe II de España pasou alí unha noite no ano 1554. Hai dúas versións acerca da noite real: unha di que o rei viaxaba da Coruña a Santiago de Compostela por motivos reais ou relixiosos; outra indica que o rei se dirixía á Coruña para tomar un barco con destino a Gran Bretaña. Tampouco está claro se a parada foi improvisada por mor das condicións meteorolóxicas, ou se estaba xa planificada e a casa xa se acondicionara para recibir o soberano.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PouloEditar
Lugares da parroquia de Poulo no concello de Ordes (A Coruña) | |
---|---|
Blanca | A Calle | A Costa | Lavandeira de Baixo | Lavandeira de Riba | O Outeiro | As Pardiñas | O Piñeiro | A Senra |