Parque acuático de Cerceda

parque acuático en Cerdeda

Coordenadas: 43°10′42″N 8°28′10″O / 43.178299, -8.469558

Vista do parque
Páxina Web aquapark.cerceda.org

O parque acuático de Cerceda (Aquapark de Cerceda) é un parque acuático no concello de Cerceda (A Coruña). Trátase do único parque acuático de Galiza e a súa tempada de apertura vai dende principios de xuño até comezos de setembro.

Pódese acceder por estrada ou ferrocarril cunha conexión diaria tanto para a ida como para a volta dende A Coruña e desde Santiago de Compostela.

Foi inaugurado no ano 2000 polo alcalde Xosé García Liñares, o cal fora tamén o que aceptara o proxecto de construción.[1]

Instalacións editar

O parque acuático conta con diversas piscinas: piscina de natación, piscinas con chorros e piscina con ondas, jacuzzi. Tamén conta con varios escorregadoiros xigantes: acuatubo pechado e acuatubo aberto, escorregadoiro tipo kamikaze de 54 metros de percorrido, esvaradoiro de flotador individual, esvaradoiro con flotador por parellas e esvaradoiro multipistas.

O parque inclúe zonas infantís con escorregadoiros de curto percorrido, piscina sinxela e outra de esvaradoiros para cativos. Ademais ten unha cafetaría, unha tenda, un punto de información, parque infantil de area, minigolf e miradoiro.

Festivais editar

O primeiro e dous de xullo de 2011 celebrouse no parque o festival Fresh Weekend de música electrónica, coas actuacións de Óscar Mulero e o italiano Marco Carola.[2]

Para o 2012 tíñase previsto celebrarse o 6 e 7 de xullo, pero finalmente foi cancelado.[3]

Notas editar

  1. "O parque acuático de Cerceda desbórdase" Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 13 de agosto de 2009.
  2. "O Fresh Weekend sitúa Cerceda no mapamundi do «techno»", La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2011.
  3. "Cancelado o Fresh Weekend previsto para o 6 e 7 de xullo en Cerceda" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 5 de xuño de 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar