Escorregadoiro
Un escorregadoiro, esvaradoiro ou tobogán[1] é unha construción de carácter recreativo, que consiste nunha rampla deslizante elevada e unha escaleira na súa parte posterior que permite o ascenso á parte superior para proceder ao deslizamiento sobre a superficie. Pódese considerar como a parte central da diversión nos parques acuáticos modernos.
Forma
editarOs escorregadoiros son tradicionalmente metálicos, abertos e cunha superficie recta. Con todo, existen outros tipos de escorregadoiros:
- Escorregadoiro tubo. Consiste nunha estrutura circular de plástico a través da cal se deslizan os nenos.
- Escorregadoiro en espiral. A superficie de deslizamento é plástica e describe unha curva que pode ser máis ou menos pechada.
- Escorregadoiro de varias pendentes. A superficie presenta dúas ou máis pendentes de deslizamento.
- Escorregadoiro acuático. Propio de parques acuáticos, sobre a súa superficie corre unha película de auga que favorece o deslizamento. Este escorregadoiro pode ser de gran lonxitude e contar con diferentes alturas e numerosas curvas no seu percorrido. A diferenza do resto, no escorregadoiro acuático pódense adoptar diferentes posturas de arrinque:
- Sentado
- Tombado cara a atrás
- Tombado cara a adiante.
Tipos de accesos
editarAo escorregadoiro pódese acceder directamente por unha escaleira ou ben a través dunha construción, na que os nenos se poden entreter achegando ademais valor estético ao conxunto. A estrutura pode adoptar as máis variadas formas: torreta, forte, casiña etc. Así mesmo, o acceso pode producirse a través de varios elementos alternativamente no mesmo xogo: escaleiras, cordas etc.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorregadoiro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escorregadoiro |