A feira de Arzúa é un evento que se celebra os días 8 e 22 de cada mes en Arzúa. A feira do día 8 vense celebrando dende o século XI, e a do día 22 dende o século XVIII[1]. Antigamente a do día 8 era chamada "feira" e a do día 22 "mercado",[2] aínda que hoxe non existe ningunha diferenza entre elas. A feira tiña lugar na praza da vila, pero dende o século XVII celébranse no Campo da Feira, antiga Horta do Barreiro que foi adquirida en 1957 polo Concello de Arzúa á familia Álvarez Mir [3]. Na década de 1970 construíronse unhas naves para celebrar a feira do gando nunha localización diferente, apartada do centro da vila.

Na década dos anos 40 do século XX o número de visitantes a unha feira de Arzúa cifrábase en 4.000 persoas, incluídos tratantes de gando salmantinos, valisoletanos, granadinos, zamoranos, murcianos, etc., o número de postos superaba os 300 e o número de cabezas de gando (vacún, porcino, cabalar, e lanar) ascendía a 1.300[4], na década dos 80 falase de 2.000 cabezas de gando [3].

  1. Cascón Rodríguez, A. F. (2005): Arzúa na memoria. Espello Histórico dunha terra. Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812018-7
  2. Madoz, Pascual (1846). "ARZUA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II. Madrid. p. 613. 
  3. 3,0 3,1 Cacheda Vigide, E. A. Arzúa en el Camino de Santiago. Everest ISBN 84-241-9930-8
  4. Barreiro López, A. (5 de decembro de 1944). "Galicia próspera y fecunda: una feria en Arzúa". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar