Jesús García Calvo

avogado e empresario galego

Jesús García Calvo, nado en Logrosa (Negreira) en 1921 e finado o 12 de febreiro de 2011[1], foi un rexistrador da propiedade, avogado e empresario cooperativista galego.

Modelo:BiografíaJesús García Calvo
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor en Wikidata
Logrosa, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 2011 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Actividade
Ocupaciónempresario, avogado, rexistrador da propiedade Editar o valor en Wikidata

BUSC: garcia-calvo-xesus-1921-2011

Traxectoria

editar

Entrou na Universidade de Santiago ao pouco de rematar a guerra civil, e licenciouse en Dereito en 1944. De emprego rexistrador da propiedade, traballo ao que chegou por oposición en 1949, o seu papel más importante foi a cofundadoción da cooperativa Feiraco (1968) xunto con Maximino Viaño e 50 cooperativistas máis. Tamén foi o seu primeiro presidente, cargo que ostentou ata xuño de 2008. Despois continuou vinculado a Feiraco como presidente de honra ata o seu falecemento.

García Calvo ocupou distintos cargos vinculados ao sector primario na comarca santiaguesa. Foi membro do consello de administración da madeireira Finsa[1] e da Caixa Rural Provincial da Coruña, así como presidente de UTECO[1] na provincia da Coruña, a organización cooperativista.

Foi presidente do consello social da Universidade de Santiago de Compostela.

Honras

editar
  • Premio Agrario de Galicia 2005.
  • Medalla de Ouro da Universidade de Santiago.
  • Medalla de Ouro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela.
  • comendador da Orde do Mérito Civil Agrícola.
  • O campo de fútbol de Negreira leva o seu nome[2].

Vida persoal

editar

Casou con Alvarina López.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Falece Jesús García Calvo, fundador de Feiraco e impulsor do cooperativismo - NOTICIAS - Hoxe en Xornal de Galicia 1º Diario Dixital de Galicia". web.archive.org. 2011-02-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2011. Consultado o 2024-12-12. 
  2. "CAMPO DE FÚTBOL "JESÚS GARCÍA CALVO"". concellodenegreira.gal. Consultado o 2024-12-12. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar