AENOR é o acrónimo da Asociación Española de Normalización y Certificación. É unha organización privada, independente e sen fins de lucro para a normalización e certificación da calidade en España. Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea. Ata entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización e Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Asociación Española de Normalización y Certificación
AENOR.svg
Oficinas en España 20
Cadro de persoal 581
Normas en catálogo 31.519
Produtos certificados 106.656
Certificados vixentes de sistemas de xestión 18.473
Páxina web http://www.aenor.es
Fonte: Datos Principais AENOR

HistoriaEditar

 
Empresa certificada por Aenor.

No primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes. Un ano despois, AENOR asumía a representación de España ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.

Actualmente, son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.

En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.

En 1992, coa celebración do Cumio da Terra en Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa lévanse emitidos máis de 6.900 certificados.

En 2011, co gaio do 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar