Os Irmandiños Sociedade Cooperativa Galega

empresa galega do sector lácteo

Os Irmandiños, Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa de carácter agropecuario con base na parroquia da Devesa (Ribadeo). Foi creada en 1976 e comezou a súa actividade en 1978[1].

 Vista parcial das instalacións de Os Irmandiños, S.C.G. na Devesa, Ribadeo
Vista parcial das instalacións de Os Irmandiños, S.C.G. na Devesa, Ribadeo.

HistoriaEditar

En 1991 puxo en marcha os seus servizos técnicos[2], e o Parque de maquinaria no 1992[1]. En 1993 superou os mil millóns de pesetas de facturación.[3] En 2014 contaba con 87 empregados e 36 673 004 € de facturación.[4]

En 2016 integrouse en CLUN -Cooperativas Lácteas Unidas, grupo económico integrado por Feiraco, Irmandiños e Melisanto[5]- despois de ter participado noutros grupos cooperativos.

En 2017 ten máis de mil socios de 40 concellos de Galicia e Asturias[1].

Nas instalacións da Devesa dispón ademais de almacéns, unha tenda estilo gran superficie e unha estación de servizo inaugurada no 2017. A poucos quilómetros, en Vilamartín Grande (Cabarcos, Barreiros) sitúase o CAVI, Centro de Alimentación de Vacún Irmandiños. Na década de 2010 esta instalación é acusada reiteradamente de verquidos con influencia na calidade da auga recollida no encoro de Lexoso para Ribadeo.[6]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar