El Adoptivo
El Adoptivo foi un periódico editado en Becerreá entre 1918 e 1919.
El Adoptivo | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarBoletín decenal que apareceu en novembro de 1918.[1] Segundo manifesta no editorial do seu primeiro número, naceu coa misión de "cooperar al fomento de los intereses morales y materiales de la comarca".[2] En agosto de 1919 publicou un número extraordinario dedicado a Eduardo Rosón López con motivo de ter sido nomeado gobernador civil de León.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. p. 421. ISBN 84-8192-110-6.