Eduardo Rosón López

avogado e político galego

Eduardo Rosón López, nado en Cervantes en novembro de 1880 e finado en 1975, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaEduardo Rosón López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementonovembro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Cervantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte1975 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Gobernador civil da provincia de Ourense
1921 –
Alcalde de Lugo
Gobernador civil da provincia de León
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEulogio Rosón López Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1901.[1] Colaborou en El Correo de Lugo, El Norte de Galicia, La Idea Moderna e El Áncora.[2] Exerceu a avogacía en Becerreá, onde foi secretario do concello. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1905,[3] e volveu ser elixido polo distrito de Sarria-Chantada en 1911,[4] repetindo polo mesmo distrito polo artigo 29 en 1915.[5] Instalou despacho de avogado en Lugo en 1918.[6] Foi gobernador civil de León (1919),[7] Ourense (1921-1922), Burgos e Oviedo (1930). Presidiu a Federación Católica Agraria de Lugo a principios dos anos vinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en xaneiro de 1925, e elixido alcalde o 13 de xaneiro.[8] Foi vicepresidente do Comité Provincial da Unión Patriótica. Permaneceu na alcaldía até que foi destituído a finais de marzo de 1927.[9] Foi iniciativa súa a celebración en Lugo do Congreso de Economía Gallega os días 7 e 8 de outubro do 1925. Foi decano do Colexio de Avogados de Lugo dende 1947.[10]

Escribiu artigos dedicados á agricultura e varios folletos, entre eles El ferrocarril de Ribadeo a El Bierzo (1928).


Predecesor:
Ramón Saavedra Salgado
  
Alcalde de Lugo
 
1925 - 1927
Sucesor:
Ángel López Pérez

Recoñecementos editar

Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort en 1968.[11]

Vida persoal editar

Casou en Vilafranca do Bierzo con Lucía Espinosa de la Iglesia o 30 de maio de 1917.[12] Foi tío de Antonio, Eduardo e Juan José Rosón Pérez.

Notas editar

  1. El Norte de Galicia, 27-6-1901, p. 2.
  2. El Correo de Lugo, 1-10-1900, p. 3.
  3. El Norte de Galicia, 17-3-1905, p. 2.
  4. El Miño, 19-3-1911, p. 2.
  5. La Voz de la Verdad, 8-3-1915, p. 1.
  6. La Voz de la Verdad, 12-4-1918, p. 2.
  7. La Idea Moderna, 28-7-1919, p. 2.
  8. El Ideal Gallego, 14-1-1925, p. 4.
  9. El Regional, 29-4-1927, p. 2.
  10. El Progreso, 28-3-1947, p. 3.
  11. El Progreso, 24-7-1968, p. 3.
  12. La Voz de la Verdad, 2-6-1917, p. 2.