Penamaior, Becerreá

parroquia civil do concello de Becerreá

Santa María de San Lourezo de Penamaior é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 89 habitantes (48 homes e 41 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 98 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 43 homes e 36 mulleres.

Penamaior
Mosteiro de Santa María de Penamaior
ConcelloBecerreá[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°52′40″N 7°12′46″O / 42.87777138, -7.21275406
Poboación75 hab. (2019)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

O mosteiro de Santa María de Penamaior é un templo de arquitectura románica construído no século XII pola orde do Císter. Ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas, semicirculares as laterais e de traza notable a central, xa que o exterior é poligonal e o interior semicircular. As naves están divididas en catro compartimentos mediante piares. Os arcos de entrada ás capelas das ábsidas son de medio punto, arrancando de semicolumnas acaroadas con capiteis de traza compostelá. As naves non conservan as bóvedas orixinais, e as ábsidas teñen bóvedas de medio canón terminadas en cascarón.

No exterior ten ventás con arcos de medio punto, sobre columnas con capiteis decorados con motivos variados. A fachada foi reformada no século XVII, mais conserva a portada de arquivoltas semicirculares que arrancan de columnas apoiadas nas xambas. Unha espadana sinxela fai de campanario.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Penamaior

editar
Lugares da parroquia de Penamaior no concello de Becerreá (Lugo)

O Acevo | Arandedo | O Cabo | Carballedo | A Carunchada | O Convento | A Ferrería | Liñares | O Pico | Os Prados | Raposeira | Riodarco | Touzón | Vilarín

Parroquias de Becerreá

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Becerreá

Agüeira (San Xoán) | Armesto (San Román) | Becerreá (San Xoán) | Cadoalla (San Pedro) | Cascallá (Santa María) | O Cereixal (San Xosé) | Cruzul (San Martiño) | Ferreirós de Valboa (Santa María) | Fontarón (Sancti Spiritus) | Furco (San Xoán) | Guilfrei (Santa Eulalia) | Guillén (San Pedro) | Liber (San Remixio) | Morcelle (San Xulián) | Ouselle (San Cosme) | Ousón (Santo Adrao) | Pando (San Xoán) | Penamaior (Santa María de San Lourenzo) | Quintá de Cancelada (Santa Eulalia) | Sevane (San Xoán) | Tortes (San Pedro) | Veiga (Santa Mariña) | Vilachá (San Pedro) | Vilaíz (Santiago) | Vilamane (Santa María) | Vilouta (Santa Mariña)

Notas