Oso das cavernas
Rango fósil: Plistoceno medio - Plistoceno tardío

Reconstrución da especie
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Ursidae
Xénero: Ursus
Especie: U. spelaeus
Nome binomial
'Ursus spelaeus'
Rosenmüller, 1794

O oso das cavernas[Cómpre referencia] (Ursus spelaeus) é unha especie extinta de oso que viviu na Europa durante o Plistoceno e que desapareceu hai cerca de 10.000 anos, no fin da última Idade do xeo. O nome deriva do feito de moitos dos fósiles deste carnívoro teren sido encontrados en cavernas.

O oso das cavernas era bastante semellante en forma ao oso pardo moderno, coa diferenza principal no tamaño, cerca de 30% maior cunha estatura que chegaba preto dos 4 metros cando estaba de pé e 2,2 m de cernella e un peso estimado de 1,5 toneladas. A morfoloxía do cranio é tamén lixeiramente diferente, tendo o oso das cavernas unha testa máis inclinada. Este animal era omnívoro e alimentábase de pequenos mamíferos, herbas e froitos. Dado o clima bastante máis frío do Plistoceno, suponse que este animal hibernase durante máis tempo que os osos modernos. Esta hipótese xustifica a presenza frecuente do animal en cavernas.

As causas para a extinción do oso das cavernas non se coñecen con seguridade. Suponse que desapareceu debido a unha redución do seu hábitat no fin da Idade do Xeo e/ou a mudanzas contemporáneas da flora europea. Non é de excluír a interferencia do ser humano, unha vez que as comunidades primitivas partillaban o mesmo espazo que este oso. Hai evidencias de que algunhas tribos idolatraban o oso das cavernas a través de pinturas e esculturas.

Cranio dun oso das cavernas