Abrir o menú principal

Olga Iglesias

política española

María Olga Iglesias Fontal, nada en Vilavella (Triacastela) o 15 de abril de 1971[1], é unha veterinaria e política galega do PPdeG.

Olga Iglesias
Nacemento15 de abril de 1971
 Triacastela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada e posteriormente doutora en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria do corpo veterinario da Xunta de Galicia. Foi elixida concelleira polo PPdeG en Triacastela en 2003. En 2007 encabezou a lista popular nas municipais. Foi candidata ao Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008 e aínda que non resultou elixida, tomou posesión en 2009 substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG ao concello de Triacastela e arrebatoulle a maioría absoluta ao PSdeG, que levaba gobernando durante máis dunha década. Tamén se presentou ás eleccións xerais de 2011 como número tres na lista do PPdeG, e saíu elixida.


Predecesor:
Miguel Ángel Fernández López
  
Alcaldesa de Triacastela
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

  1. Segundo consta na súa Ficha de deputada no Congreso, ver. Consultado o 26 de febreiro de 2019

Véxase taménEditar