Lamas do Biduedo, Triacastela
Santo Isidro de Lamas do Biduedo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.
Lamas do Biduedo | |
---|---|
![]() Ermida de San Pedro. | |
Concello | Triacastela[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 90 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial está situada no núcleo de Lamas, nunha elevación do terreo. Foi construída en 1949, con estilo ecléctico de trazado neogótico e espadana clásica. Ten planta rectangular pechada cunha ábsida plana e cunha cuberta a dúas augas. O adro de acceso ten cuberta a catro augas. A fachada principal ten no lugar do rosetón un oco apuntado de iluminación. A espadana ten corpo central de dous ocos e medio punto con molduras e frontón triangular de remarte con pináculo e arco de medio punto. Na parte posterior sitúase a sancristía, máis baixa e reducida cá nave central.
No lugar do Biduedo hai unha capela adicada a San Pedro. Ten unha nave única duns 5 por 10 m, cun oco na fachada sur e cuberta a dúas augas con artesoado de madeira.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Lamas do Biduedo, Triacastela.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Lamas do BiduedoEditar
Lugares da parroquia de Lamas do Biduedo no concello de Triacastela (Lugo) | |
---|---|