Cancelo, Triacastela

parroquia civil do concello de Triacastela

San Cristovo de Cancelo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Cancelo
ConcelloTriacastela[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°46′14″N 7°12′15″O / 42.77055556, -7.20413889
Poboación62 hab. (2017)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é cancelato[2].

Patrimonio

editar

En Cancelo atópase a Cova Eirós, onde se encontraron restos de Homo neanderthalensis, 93 motivos de arte rupestre e máis de dez mil rexistros e pezas, o que a converten nun dos depósitos de referencia para o estudo da evolución dos modos de vida, da tecnoloxía, da fauna e das condicións paleoclimáticas das comunidades de cazadores recolectores que viviron hai 40.000 anos.

Na parroquia tamén se encontra a igrexa de San Cristovo de Cancelo, con pinturas do século XVI.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cancelo

editar
Lugares da parroquia de Cancelo no concello de Triacastela (Lugo)

Cancelo | Folgueiras | Tras do Castro


Parroquias de Triacastela

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Triacastela

A Balsa (San Breixo) | Cancelo (San Cristovo) | Lamas do Biduedo (Santo Isidro) | O Monte (Santa María) | Santalla de Alfoz (Santalla) | Toldaos (San Salvador) | Triacastela (Santiago) | Vilavella (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar