José Antonio Ferreiro González (político)
José Antonio Ferreiro González, nado en Laxosa (O Corgo) o 2 de abril de 1944, é un empresario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1944 (80 anos) Laxosa, España |
Alcalde do Corgo | |
1995 – 2019 ← Darío Díaz-Castroverde | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarPerito mercantil. Rexentou durante máis de tres décadas unha fábrica de elaboración de pensos e venda de materiais de construción. Foi concelleiro do Corgo e membro do equipo de goberno dende as primeiras eleccións democráticas. En maio de 1995, con motivo do pasamento do alcalde Darío Díaz-Castroverde, pasou a ostentar a alcaldía. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura da CNG á alcaldía do Corgo, tras haberse pasado co anterior alcalde a esta formación antes do seu falecemento, xa que este fora excluído da candidatura popular. Desta forma mantivo a alcaldía co apoio do BNG, co cal gobernou ata novembro de 1998, cando os nacionalistas racharon ao acordo tras fichar como candidato do PPdeG. Nas sucesivas eleccións continuou como alcalde, con maioría absoluta ata as municipais de 2015, cando volveu ser elixido como cabeza da lista máis votada[1].
Nas municipais de 2019 non se presentou á reelección e retirouse da política,[2] sendo substituído polo novo candidato do PPdeG Felipe Labrada Reija.
Predecesor: Darío Díaz-Castroverde |
Alcalde do Corgo 1995 - 2019 |
Sucesor: Felipe Labrada Reija |