Pedrafita, O Corgo
Pedrafita é unha parroquia do concello lugués do Corgo. En 2011 segundo o IGE tiña 64 habitantes (32 homes e 32 mulleres). Dista dous quilómetros da capital do concello.
Pedrafita | |
---|---|
![]() Capela das Virtudes | |
Concello | O Corgo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°57′35″N 7°25′31″O / 42.95973249, -7.42530818Coordenadas: 42°57′35″N 7°25′31″O / 42.95973249, -7.42530818 |
Poboación | 55 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación editar
As comunicacións realízanse principalmente pola estrada comarcal que vai dende a N-VI cara a Adai e por unha serie de camiños secundarios que unen Pedrafita coas poboacións veciñas. En canto ós usos do solo, conviven as praderías coa masa forestal (piñeiro, carballo, castiro...). Tamén se atopan con terreos dedicados a outros cultivos (millo, pataca, trigo, nabos...) xunto con pequenas hortas.
En canto á rede fluvial, o río principal é o Chamoso, xunto cunha pequena serie de regatos.
Poboación editar
A poboación é maioritariamente maior, coma en todo o rural de Galicia. A actividade económica predominante é a gandería, que convive coa agricultura, esta última para o consumo familiar e alimentación do gando. Debido a súa proximidade a Lugo moita xente desprázase á capital da provincia para traballar, sobre todo a xente nova xa que non quere seguir coa actividade agrícola.
Patrimonio editar
Pedrafita ten restos arqueolóxicos (tumbas antropomorfas) e con arquitectura relixiosa (a igrexa e a Capela das Virtudes). Tamén se atopa nesta poboación un pazo (pazo de Ulloa) e o seu antigo colexio (agora funciona como centro de reunión). A arquitectura civil é de casas de pedra que conviven con outras de nova construción (ladrillo).
Festas editar
En Pedrafita celébranse dúas festividades locais ó longo do ano: San Miguel, o 29 de setembro e a Ascención, en maio.
Galería de imaxes editar
-
Fito da vía romana XIX
-
Igrexa parroquial
Lugares e parroquias editar
Lugares de Pedrafita editar
Lugares da parroquia de Pedrafita no concello do Corgo (Lugo) | |
---|---|