Abrir o menú principal

Bernardo Penabade

filólogo e profesor galego

Bernardo Penabade Rei, nado nas Grañas do Sor (Mañón) o 12 de xullo de 1964, é un profesor e escritor galego.

Bernardo Penabade
Bernardo penabade.jpg
Nacemento12 de xullo de 1964
 As Grañas do Sor
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilólogo e profesor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na área audiovisual en empresas vinculadas á TVG no momento en que esta comezaba as súas emisións. Ademais do sincronizado e da dobraxe de filmes e series televisivas, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil). Tamén desenvolveu un importante labor de dinamización cultural na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións[1], foi un dos impulsores do colectivo de estudantes que organizou numerosos cursos e conferencias e que convocou o Certame Literario. Despois dun breve período de docencia no Colexio Paulo VI da Rúa, foi profesor no IES Otero Pedrayo de Ourense, no Johan Carballeira de Bueu, no de Ortigueira e no IES Vilar Ponte de Viveiro. Desde 2003 dá clases de Lingua e Literatura Galegas no IES Perdouro de Burela[2].

Entre 1997 e 1998 foi colaborador habitual de Volvoreta, o suplemento do xornal El Correo Gallego para a comunidade universitaria de Compostela, publicando noticias de libros e entrevistas a escritores galegos[3].

Ten participado en numerosos congresos con relatorios publicados sobre lingüística, sociolingüística e didáctica. Traballos seus poden lerse nas revistas Agália, A Nosa Terra e Novas da Galiza, ben como nas actas de diversas reunións de carácter científico.

Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua, colectivo a prol do reintegracionismo e entre xullo de 2001 e 2007 foi o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis culturalista da AGAL e o grupo reintegracionista deu pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assemblia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu. Tamén se impulsaron o Portal Galego da Língua e o dicionario e-Estraviz.

Desde 2008 impulsa o Modelo Burela, primeiro proxecto de planificación lingüística aprobado por unanimidade nunha vila galega e orientado á comunidade procedente de Cavo Verde. Desde 2012 coordina en Radio Burela[4] o programa radiofónico Proxecto Neo[5], centrado nas experiencias de persoas neofalantes do noso idioma.

Obra publicadaEditar

  • "Alguns usos conflitivos da preposiçom 'a' nos complexos verbais", in Rodríguez (ed.) (2000), 743-757. / Tamém aparece no volume Estudos dedicados ao Professor Ricardo Carvalho Calero (Ed. da USC / Parlamento da Galiza).
  • "Estratégias para a recuperaçom lingüística no ensino" in Actas do VII Congreso Internacional da Sociedade Española da Lingua e a Literatura (2003)
  • Lingua e literatura: 3º ESO (2003), A Nosa Terra, ISBN 8496203026, 246 p.
  • Lingua e literatura: 4º ESO (2003), A Nosa Terra, ISBN 8496203034, 201 p.
  • Orgulho galego na diáspora: conversa com Higino Martins Estêvez (2008), Fundación Comarcal O Baixo Miño, 73 p.
  • Conversas con Isaac Alonso Estraviz (2013), Através Editora, ISBN 978-84-87305-75-7, 239 p.
  • Outra voz na procura da emancipaçom nacional: Ricardo Flores, Educaçom e informaçom objectivas: dous direitos lingüísticos e As relaçons transfronteiriças no currículo académico in «Agália. Revista de Humanidades e Ciências Sociais»[6].

Obras colectivasEditar

NotasEditar

  1. Penabade, Bernardo (2013). Conversas con Isaac Alonso Estraviz. Através Editora. p. 239. ISBN 978-84-87305-75-7. 
  2. "Bernardo Penabade". atraves-editora.com. Consultado o 22/07/2018. 
  3. "Bernardo Penabade Rei". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 22/07/2018. 
  4. "A Dávida da vida: grandes vozes do mundo". pgl.ga. Consultado o 22/07/2018. 
  5. "Un micro para el "neofalante"". elpais.com. Consultado o 22/07/2018. 
  6. "Bernardo Penabade". catalogo.bne.es. Consultado o 22/07/2017. 

Véxase taménEditar