Abrir o menú principal

Carlos Lema

escritor e editor galego

Carlos González de Lema Malvar, nado en San Sadurniño en 1958, é un poeta, filósofo e editor galego.

Carlos Lema
Carlos Lema.jpg
Nacemento1958
 San Sadurniño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e editor literario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Director de publicacións en Sotelo Blanco Edicións entre 1989 e 2001, desde 2002 é director de edicións na Editorial Galaxia. Colaborou nos xornais Diario de Galicia e El Ideal Gallego, ademais de na Revista das Letras de Galicia Hoxe, onde se encargaba da crítica de literatura estranxeira. Introdutor en Galicia da corrente de pensamento denominada realismo especulativo[1], da que son representantes pensadores como Quentin Meillassoux, Graham Harman e Tristan Garcia. É membro do consello de redacción da revista Grial. Actualmente reside en Vigo. Coa escritora e profesora Beatriz Fraga creou Euseino? Editores. Forma parte, como fundador e presidente, do Padroado da Fundación Euseino?

ObraEditar

PoesíaEditar

  • O xeito de Freud (Espiral Maior, 2008).
  • Anomalía (Materialismo do verán) (Chan da Pólvora, 2017).

EnsaioEditar

  • Poesía, linguaxe e acción (con René Char) (Amastra-N-Gallar, 2011).
  • Indeterminacións (Axóuxere, 2012).
  • A música das esferas. Xenealoxía da orde do mundo (Euseino? Editores, 2013).

EdiciónsEditar

TraduciónsEditar

  • Sobre a lectura, seguido de Días de lectura, de Marcel Proust. (Editorial Trifolium, 2011).
  • Tempo sen devir, de Quentin Meillassoux, seguido de “Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental“, por Anna Longo (Euseino? Editores, 2014).
  • Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese, de Quentin Meillassoux (Euseino? Editores, 2017).

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "O xiro especulativo". euseino.org. 2014-11-24. Consultado o 2018-03-15. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar