Claudio Pato
poeta galego
Claudio Luís Pato Díaz, nado en Ourense o 24 de agosto de 1962, é un poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1962 (62 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | Chus Pato |
Traxectoria
editarParticipou en diversas publicacións colectivas xunto co Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. Colaborou nas revistas Dorna, Madrygal e Loia. Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, organización da que é membro.
No ano 2009, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética, "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.
Obra
editarPoesía
editar- Se o bruído e o amonal na casa das abellas. 1991.
- Libro de Xacobe. 1992.
- O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev. Xerais, 1997.
- Unha vida de traballo nos bosques do cánabo. Xerais, 2002.
- Como estás?. Estaleiro editora, 2011.
- Draga, 2018.
- corona* e a inxunción das n articulacións (libres), Saurobuks, 2022.
Obras colectivas
editar- Comercial. Poesía galega en Madrid. Río Xuvia, 1998.
- Poetas galegos en Madrid. Ediciós do Castro, 2001.
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003.
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claudio Pato |