O Grupo Bilbao é un grupo literario de poetas de expresión galega residente en Madrid. “Expresión galega” refírese a que o grupo non estaba unicamente formado por autores galegos, senón que hai diversidade de procedencias. Dito grupo naceu no ano 1996 no Café Comercial na Glorieta de Bilbao, Madrid. A localización do local é crucial, xa que Vicente Araguas a utilizará como nome do grupo.

Formación editar

No Café Comercial acostumaba a se xuntar xente galega para falar na súa lingua, o galego; mais non todos eran autores. Os quince escritores das mensuais xuntanzas foron os que decidiron formar o grupo literario. Estes quince escritores (galegos e de fóra de Galiza) eran: Vicente Araguas, Miguel Barrera, Fermín Bouza Álvarez, Xosé Galán, Yolanda López López, Verónica Martínez Delgado, Pilar Mera, Claudio Pato, Manuel Pereira Valcárcel, Luz Pichel, Begoña Regueiro, Xosé Soto, Lidia Teixeiro, Sabino Torres e Rafa Yáñez.

O Grupo en cuestión comezou a xestarse* na presentación de libro de Vicente Araguas chamado O gato branco, na Galería de Sargadelos. Alí se coñeceron Fermín Bouza, Francisco Xavier Frías Conde e Araguas. Foi Xavier Frías quen, posteriormente, tras conversacións con Carmen Mejía integreou o grupo ao mundo universitario, feito fundamental para a creación, anos despois, da colección “O Roibén”, onde publicaron algúns traballos. Outros, publicaron na revista Madrygal (Universidade Complutense de Madrid). Mais carecían dun voceiro particular.

Tamén a través deste conduto Ana Acuña coñeceu a xuntanza social. Estas dúas mulleres (Ana Acuña e Carmen Mejía) fomentarán a difusión da literatura galega no ámbito das clases universitarias. Este feito provocou que se expandise o tema e que atraese a varias persoas que pasarían a seren novos membros.

Características editar

As principais características segundo recolle Ana Acuña (2011, 470-473) serían:

  • A defensa do idioma e da cultura galega
  • oficio literario e/ou o activismo cultural
  • A amizade persoal, desenvolvida case sempre no seo do grupo
  • A recuperación de figuras importantes para a cultura galega como Borobó.
  • A conciencia do seu papel como mantedores da cultura galega en Madrid

Como se pode observar, o Grupo non destaca o activismo político, o que provoca o afastamento de entidades afíns ao independentismo ou ao BNG (Bloque Nacionalista Galego).

Por tanto, o obxectivo do Grupo era crear en obras literarias en galego e de paso estudar e desenvolver a lingua en cuestión. Porén, a situación de diglosia que estaba a suceder en Galiza foi motivo de gran preocupación

Colección “O Roibén” editar

A colección “O Roibén” é o órgano de expresión da poesía galega en Madrid. É unha das poucas coleccións da poesía galega contemporánea que inclúe poemarios colectivos (conxunto ou colección de poemas de diferentes autores). Formouse debido a iniciativa de Frías Conde, levada a cabo en 1998.

O consello editorial está formado por Vicente Araguas, Fermín Bouza, Ana Acuña e Manuel Pereira.

A colección componse de 21 cadernos, os cales son:

  • Sello Río Xuvia
  1. Número 1. VVAA Carreiros. 1998
  2. Número 2. VVAA Comercial. Poesía galega en Madrid Otoño 1998
  3. Número 3. Pereira Valcárcel, Todo morte , 1998
  4. Número 4. VVAA, Xeitos de falar, 1999
  5. Número 5. Solla, Carlos Xábregho, 1999
  • Sello ACEF
  1. Número 6. Luna, Luis y Curieses, Óscar, Hidroemas, marzo 2000
  2. Número 7. González, Susana y Veiguela, Victoria, Simbiose, marzo 2000
  3. Número 8. Galán Ortega, Xosé, Alquimia soñada, marzo 2000
  4. Número 9. Yáñez, Rafael, Onte chovia, marzo 2000
  5. Número 10. Frías Conde, Xavier, Azul e terra, marzo 2000
  6. Número 11. Solla, Carlos, Terras raras, maio 2001.
  7. Número 12. Veiguela, Crisanto, A vida sempre e sobre todo, 2001
  8. Número 13. Frías Conde, Xavier Canto de Nedara, 2001
  9. Número 14. Frías Conde, Xavier Lar de lúa, 2001.
  10. Número 15. Yáñez, Rafael, Lembranzas e olvidos dun estraño, maio 2001
  11. Número 16. Veiguela, Victoria, O ouvido e o calado, maio 2001.
  12. Número 17. D’Lom Suárez, Covadonga, A soidade dos números primos, maio 2001
  13. Número 18. MartínezVerónica, Deshabitada e sen verdugo, maio 2002
  14. Número 19. Curieses, Óscar y Luna, Luis, Ignicións, maio 2002
  15. Número 20. Eminescu, Mihai, Poemas póstumos, maio 2002.
  16. Número 21. Frías Conde, Xavier, Axarquia, maio 2002.

Visibilidade e repercusión editar

Mentres que durante o Rexurdimento e a ditadura, a literatura galega de fóra gozou de grande importancia, no período democrático esta literatura foránea foi case esquecida. Moitos autores do Rexurdimento — como Rosalía e Curros Enríquez — migraron a Cuba a causa da pobreza, porén, durante a ditadura os autores migraban para se garantir a liberdade de pensamento e fuxir da persecución franquista.

Esta literatura está cargada de mensaxe política, aínda que os problemas na Galiza fosen distintos o propósito era o mesmo: mellorar a situación política, económica e cultural da Galiza. Por outra banda, o Grupo Bilbao non é afín ao activismo nacionalista como grupo, mais algúns dos seus membros, si que estiveron involucrados en cuestións políticas. Por exemplo, Fermín Bouza Álvarez tiña un blog, “O voto con botas” no que defendía a participación na vida política mediante a crítica e a sátira.

Falar de GB e de filiación política é algo que non fai sentido; aos escritores en Madrid interésalles especialmente a literatura e, certamente, non fan literatura para faceren política. Se ben é verdade que os grupos galegos do Madrid franquista integrados por escritores e intelectuais tiñan unha visión da realidade claramente política, na cal participaba a literatura, non se pode afirmar que tal cousa aconteza co GB. (Acuña: 2014 citado por Frías Conde).

A maioría das mencións a este grupo podemos atopalas no 2011, cando se fixeron quince anos da creación deste. Ese aniversario foi festexado pola UNED e pola UCM, mais non gozou de grande importancia na propia Galiza.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Luna Martín, Luís Miguel (2013). Tesis Doctoral LA COLECCIÓN "O ROIBÉN", ÓRGANO DE EXPRESIÓN DE LA POESÍA GALLEGA EN MADRID DEL CAMBIO DE SIGLO.
  • Frías Conde, Xavier (2011 [2007]). “Poesía gallega contemporánea en Madrid: el grupo Bilbao”. Cuadernos del Ateneo: 24, 71-110. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.
  • Frías Conde, Xavier e Luna, Luís Miguel (2014).“Exotopía e literatura de fronteira galegas: O caso do Grupo Bilbao”.