Genaro da Silva

biólogo e poeta galego

Genaro da Silva Méndez, nado en Mourente (Pontevedra) en 1980, é un biólogo e poeta galego.

Genaro da Silva
Nacemento1980
Lugar de nacementoMourente
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo
Ocupaciónbiólogo e escritor
IrmánsCarme da Silva Méndez
Na rede
Dialnet: 3859687
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e enxeñeiro técnico forestal pola Universidade de Vigo, é doutor en Biodiversidade e Ecosistemas e realizou estudos musicais no conservatorio de Pontevedra. Traballa en proxectos de ecoloxía e conservación, principalmente con libélulas e bolboretas en Portugal.[1] É editor da revista e da páxina tr3sreinos.com no concello de Vinhais.[2]

Para Da Silva a poesía é unha forma de coñecemento que permite achegarse mediante a linguaxe a aquilo que a linguaxe non consegue dicir; e debe abrir xanelas, ser liminar perante o descoñecido; o poeta debe correr riscos.[3]

Obras editar

En castelán editar

 
Acompañando a Chus Pato na presentación do seu Sonora, Libraría Paz de Pontevedra, 2024

En galego editar

  • Esguello (2015). En colaboración coa pintora Carolina Munaiz, a través da Fundación Cuña-Casasbellas.
  • Lahdnets (2018). Libro obxectual co pintor Gabriel Viñals.
  • Flor negra (2018). Chan da Pólvora. ISBN 9788494769887.[4]
  • O pintor cego (2021). Officium Lectionis Ediçoes. ISBN 9789898029874.[5] Traducido ao portugués.[6]

Notas editar

  1. Unha tese constata o risco de extinción de dúas especies de libélula en Galicia
  2. "X SEMANA DE POESÍA SALVAXE". sites.google.com. Consultado o 2022-01-26. 
  3. "O autor Genaro da Silva desenmascara o poeta romántico no libro 'Flor negra'". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-01-26. 
  4. "Flor negra [Genaro da Silva]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-01-26. 
  5. Diario, Nós. "Templos colapsando". Nós Diario. Consultado o 2022-01-26. 
  6. "O pintor cego". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar