Belén López Rodríguez
Belén López Rodríguez, coñecida como Belén López, nada en Recemunde (A Pobra do Brollón) en 1978, é unha xornalista galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Recemunde, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Participou no congreso da Real Academia Galega dedicado a Xela Arias no ano 2021, cunha palestra sobre o interese da autora en conectar a súa poesía con outras artes.[2] Participou nas xornadas As mulleres que opinan son perigosas de 2021, cun relatorio sobre o tratamento da cultura no xornalismo local.[3] Colaborou en Abride a Fiestra 2023, da Casa Museo de Rosalía conversando con Moncha Fuentes e Olga Novo.
Traballa na sección de cultura e sociedade do Diario de Pontevedra[4] onde leva entrevistado a moitos personaxes relevantes (Manuel Jabois, César Portela...). Destaca polo uso da lingua galega nas súas colaboracións[5] que tamén aparecen moitas veces en El Progreso.[6] Tamén ten colaborado na revista Luzes.
Formou parte da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia de 2020 a 2024.[7]
Notas
editar- ↑ "Vogal - Xornalistas". Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Consultado o 2023-07-16.
- ↑ "O diálogo de Xela Arias con outras artes e o seu labor como tradutora e editora pechan o simposio das Letras Galegas 2021". Real Academia Galega. 2021-11-23. Consultado o 2023-07-16.
- ↑ "As 'mulleres que opinan' reivindican desde Pontevedra a súa visión "crítica" na busca dun espazo "igualitario"". Pontevedra Viva. 2021-03-06. Consultado o 2023-07-16.
- ↑ Pontevedra, Diario de. "Diario de Pontevedra, Noticias de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-07-16.
- ↑ Piñeiro, A. (2023-05-11). "Sara Vila e Belén López reflexionarán en Poio sobre o uso do galego na comunicación". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-07-16.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-07-16.
- ↑ "Proclámase a única candidatura presentada á Xunta de Goberno do...". Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. 2024-04-16. Consultado o 2024-06-25.