Manuel Ferreirós Espinosa

avogado e investigador galego

Manuel Ferreirós Espinosa, nado en Pontevedra e finado na fronte de Teruel o 16 de febreiro de 1938, foi un avogado e investigador galego.

Manuel Ferreirós Espinosa
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento16 de febreiro de 1938
Lugar de falecementoProvincia de Teruel
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado
IrmánsCarlos Ferreirós Espinosa
editar datos en Wikidata ]
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Traxectoria Editar

Fillo de Manuel Ferreirós Oca e María del Carmen Espinosa Cervela, e neto de Laurentino Espinosa Valladares. Estudou no Colexio Balmes de Pontevedra e obtivo o título de bacharel universitario na sección de letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930.[1] Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a careira en Madrid. Membro do Seminario de Estudos Galegos, participou en varias das súas campañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez de artillería e defensor dos republicanos en varios consellos de guerra en Pontevedra. Era membro da Juventud de Acción Católica e estaba afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Ascendeu a tenente en xuño de 1937,[2] e marchou á fronte de guerra. Tenente de Complemento de Artillaría, estaba ao mando da Segunda Batería do 15 Rexemento Lixeiro na posición de Corral Blanco na fronte de Teruel cando foi atacada polos republicanos o 15 de febreiro de 1938 sendo gravemente ferido. Finou ao día seguinte.[3] Recibiu a Medalla Militar a título póstumo en novembro de 1938.[4]

Notas Editar

  1. El Progreso, 2-10-1930, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 3.
  3. El Diario de Pontevedra, 18-2-1939, p. 2.
  4. BOE, 8-12-1938, p. 2825-2826.