Carlos Ferreirós Espinosa

médico galego

Carlos Ferreirós Espinosa, nado en Poio o 1 de febreiro de 1918 e finado en Vigo o 21 de abril de 1996,[1] foi un médico galego.

Modelo:BiografíaCarlos Ferreirós Espinosa
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Poio, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1996 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Ferreirós Espinosa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1269065

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Ferreirós Oca e María Espinosa Cervela. Estudou Medicina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que deixar os estudos ao ser mobilizado en 1937. Despois da guerra continuou no exército chegando a capitán de infantaría. Ao pasar a reserva, continuou os estudos e en 1945 alcanzou o título de médico. Foi catedrático de Terapéutica Física e Radioloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e xefe do Departamento de Radioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Vida persoal

editar

Casou en Cee con María del Carmen Domínguez del Campo o 5 de xullo de 1951.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-4-1996, p. 78.

Véxase tamén

editar

O legado dos Valladares de Vilancosta (Centro Ramón Piñeiro, 2018). Edición de Armando Requeixo.

Ligazóns externas

editar