Laurentino Espinosa Valladares
Laurentino Espinosa Valladares, nado en Vilancosta (parroquia de Berres, A Estrada) en 1861 e finado nos anos trinta, foi un avogado, xornalista e político galego.
Laurentino Espinosa Valladares | |
---|---|
Nacemento | 1861 |
Lugar de nacemento | Vilancosta |
Falecemento | anos 1930 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, avogado e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Bernardo Espinosa Salgado e Luisa Valladares Núñez, era sobriño e foi o herdeiro de Marcial Valladares Núñez. Foi alcalde da Estrada entre o 1 de xullo de 1895 e o 1 de xaneiro de 1902. Colaborou en El Estradense e Diario de Galicia. Nomeado xuíz de Moaña en 1915, foi presidente da Unión Patriótica de Moaña. Colaborou en La Palanca.
Predecesor: Ramón María Otero Estévez |
Alcalde da Estrada 1895 - 1902 |
Sucesor: Manuel Cagide Iglesias |
Vida persoalEditar
Casou en 1883 con Concepción Cervela Malvar, que finou xa viúva en xullo de 1937,[1] e tivo como fillos a José, Avelino, Andrés, Germán, María, que casou con Manuel Ferreirós Oca, e Albina e Mercedes Espinosa Cervela, que foron sucesivamente a primeira e segunda esposa de Antón Losada Diéguez.[2]
NotasEditar
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 5-7-1937, p. 3.)
- ↑ A familia Arias Teixeiro[Ligazón morta]
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Varela Castro, Pedro (1923). La Estrada. Santiago de Compostela: El Eco de Santiago. Consultado o 15 de outubro de 2012.
- Brea, Mercedes (2006). "As Memorias de familia de Marcial Valladares" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural 9: 7–23.