Ramón María Otero

avogado e político galego

Ramón María Otero Estévez, nado en Albarellos (Boborás) o 19 de xaneiro de 1819 e finado en Riobó (A Estrada) o 26 de novembro de 1903[1], foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaRamón María Otero
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1819 Editar o valor em Wikidata
Boborás, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 1903 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Riobó, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Xosé Otero Santia e María Estévez Munín. Casou en Riobó o 19 de decembro de 1841 con Ramona Arén Seoane, usufrutuaria dos bens libres do pazo da Mota. Ao pouco de casar mercou a fábrica de papel de Riobó que estaba preto da torre da Barreira. Foi alcalde da Estrada en 1842, e ao ano seguinte foi comandante do 2º batallón da Milicia Nacional do partido da Estrada; de 1855 a 1856 concelleiro síndico da Estrada e en 1873 foi vocal do comité afonsino da Estrada. Vinculado ao Partido Liberal, foi nomeado administrador de Rentas estancadas da Estrada en 1875[2]. Volveu ser nomeado alcalde da Estrada Real Orde o 1 de xullo de 1891[3] e permaneceu no cargo até o 1 de xullo de 1895.


Predecesor:
Manuel do Pazo Rodríguez
  
Alcalde da Estrada
 
1842
Sucesor:
Manuel Otero
Predecesor:
Jenaro Otero Vinseiro
  
Alcalde da Estrada
 
1891 - 1895
Sucesor:
Laurentino Espinosa Valladares

Notas editar

  1. Gaceta de Galicia, 29-11-1903, p. 2.
  2. El Diario de Santiago, 19-11-1875, p. 3.
  3. Gaceta de Galicia, 2-7-1891, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar