Riobó, A Estrada
San Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación. Segundo o IGE en 2009 tiña 226 persoas (118 homes e 108 mulleres), o que significa unha diminución con respecto a 1986, cando tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.
Riobó | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Riobó. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′08″N 8°24′04″O / 42.73545617, -8.40115025 |
Poboación | 198 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarRiobó está situado a uns 10 quilómetros da Estrada, na zona do Ulla. Recibe o nome do río que a cruza, o río Boo.
Limita ó norte con Arnois e Oca; ó sur con Ancorados e Remesar; ó leste con Remesar e Oca; e ó oeste con Berres.
Entre as súas vías de comunicación conta coa estrada de Callobre a Ponte Ledesma, e varios camiños rurais, como a ponte de Riobó na Estrada e os pontillóns de Barcia, Portecelo, Lamas entre as Penas e Remesar, e Pardiñeira entre San Martín e Pena.
Patrimonio
editar- A igrexa de San Martiño de Riobó conserva practicamente íntegra a súa obra románica. A nave, con cuberta de madeira, sufriu unhas reformas no muro sur que deixaron a súa porta tapiada. Os arcos da portada occidental son lisos e ao igual que o tímpano carecen de ornamentación. De ábsida semicircular, conserva da fachada orixinaria románica a entrada composta por dous arcos semicirculares en aresta. O arco exterior apóiase nas xambas e o interior nun par de columnas de fuste monolítico acaroado. Baixo o tellado da sancristía consérvanse parte dos canzorros.[2]
A cabeceira divídese en dous tramos, un recto con bóveda de canón e outro curvo con bóveda de cuarto de esfera. Os canzorros situados baixo o beirado do tellado son de temática vexetal, xeométrica e zoomórfica.[2]
- Preto da igrexa de Riobó estivo a torre da Barreira, fortaleza medieval desde a que o arcebispo de Santiago exercía o control sobre a comarca de Tabeirós.[2]
- O pazo da Mota é unha antiga casa señorial vencellada a importantes familias da comarca do Deza. Na fronte ten un elegante cruceiro. Ten solaina, ampla balconada, típica cociña de pazo, capela e escudo de armas á entrada. Na horta hai un bo hórreo.
Festas
editarA festa patronal celébrase o 11 de novembro, e tamén se celebra San Blas o 3 de febreiro.
Galería de imaxes
editar-
Fiestra na ábsida da igrexa de Riobó.
Lugares e parroquias
editarLugares de Riobó
editarLugares da parroquia de Riobó no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
O Alderido | Barcia | Os Besteiros | As Cancelas | A Castiñeira | A Mota | A Pena | Portecelo | O Río | San Martiño |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.