Codeseda, A Estrada

parroquia civil do concello da Estrada

San Xurxo de Codeseda é unha parroquia do concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.

Codeseda
Igrexa parroquial.
ConcelloA Estrada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°37′06″N 8°26′14″O / 42.61833333, -8.43722222Coordenadas: 42°37′06″N 8°26′14″O / 42.61833333, -8.43722222
Poboación378 hab. (2013)
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa de San Xurxo de Codeseda é de ábsida pentagonal con arquivoltas semicirculares tóricas unida á nave mediante un corpo rectangular limitado polo arco triunfal e outro arco paralelo que marca o arranque da porción semicircular.

No lugar existiu o mosteiro de Augas Santas, anterior a 1164. Ao seu carón está a casa reitoral e un cruceiro.

A capela da Virxe de Guadalupe, edificada cara a 1748, encóntrase no medio dunha carballeira no lugar da Grela.

A capela de San Brais foi fundada por Francisco Gómez no ano 1670 e sitúase no lugar de Monteagudo. Ó seu carón atópase o Pazo de Monteagudo ou Casa de Ballesteros, catalogado no inventario patrimonial de Galicia.

Na parroquia hai tres castros. O castro das Cercas (GA36017018), situado preto das Quintas; o castro de Trocastrello (GA36017038), tamén coñecido como castro de Ribela, castro de Entrecastrelo, castro de Parada ou castro da Eira dos Mouros; o castro do Outeiro Grande, en Marcenlos, citado na bibliografía de Fermín Bouza-Brey.

Na parroquia hai numerosos hórreos e algunha hórrea.

Festas editar

  • Romaría da Virxe da Grela. Celébrase a primeira fin de semana de setembro en honor á Virxe de Guadalupe.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Codeseda editar

Lugares da parroquia de Codeseda no concello da Estrada (Pontevedra)

Abragán | A Agrela | O Arnado | Barro | As Bouzas | Bugalleira | Campos | O Codesal | Codeseda | O Coto | Os Currelos | A Devesa | Filgueiras | Fontenlo | Fragoso | Insuela | Marcenlos | Monteagudo | O Outeiro | A Portela | As Quintas | A Sagrada | Vilaboa | Xubrei

Parroquias da Estrada editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar