Pedro Varela Castro

xornalista e político galego

Pedro Varela Castro, nado en Lema (Arzúa) en agosto de 1879 e finado na Estrada o 6 de xuño de 1958[1], foi un xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaPedro Varela Castro
Biografía
Nacementoagosto de 1879 Editar o valor en Wikidata
Lema, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1958 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Estrada
25 de marzo de 1917 – abril de 1920
← Ramiro Ulloa VillarJosé García Pichel → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 36138

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Varela Vázquez, dunha familia vinculada ao goberno municipal de Arzúa. Residiu en Pontevedra e trasladouse á Estrada onde exerceu como procurador. Foi director de Eco de La Estrada, presidente honorario da Federación Agraria de Estrada, Silleda, Forcarey y Cerdedo, impulsor de asociacións de emigrantes na Habana, Bos Aires e Montevideo. Foi un dos agraristas que accederon ao goberno municipal da Estrada en xaneiro de 1916, sendo primeiro tenente de alcalde e o 25 de marzo de 1917 foi elixido alcalde, ocupando o cargo até abril de 1920. Foi presidente do Casino da vila e dinamizador social e cultural do concello. É o autor do libro La Estrada publicado en 1923.

Durante a República militou no Partido Radical, foi concelleiro da Estrada e en xaneiro de 1934 foi nomeado deputado provincial polo distrito A Estrada-Lalín. Volveu ser nomeado deputado provincial en decembro de 1935. Nas eleccións de 1936 formou parte da candidatura de Centro encabezada por Manuel Portela Valladares. Instruído expediente polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940, foi condenado en 1941 a unha multa de 6.000 pesetas e 3 anos de inhabilitación[2].


Predecesor:
Ramiro Ulloa Villar
  
Alcalde da Estrada
 
1917 - 1920
Sucesor:
José García Pichel
  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 11-6-1958, p. 9.
  2. Noticia en El Compostelano, 15-5-1941, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar