Eco de La Estrada
semanario editado na Estrada entre 1912 e 1919
Eco de La Estrada foi un semanario editado na Estrada entre 1912 e 1919.
Historia e características editar
Semanario agrarista subtitulado Periódico de interés general y de información agrícola, apareceu o 7 de abril de 1912. En 1918 subtitulábase Órgano de las sociedades agrícolas de este distrito. Estaba dirixido por Benigno Pío Losada a quen sucedeu Pedro Varela Castro e entre os seus redactores estaba Severino Trigo. Foi produto da radicalización anticaciquista da Federación Agraria do distrito da Estrada. Foi un dos voceiros do movemento de Acción Gallega. No periódico publicou colaboracións poéticas e literarias Manuel García Barros.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Garrido Couceiro, Xoán Carlos (1995). Fouce, ed. Manuel García Barros. Loitando sempre. Lugo. ISBN 84-605-4289-0.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.