Bernardo Madriñán
avogado e político galego
(Redirixido desde "Bernardo Madriñán González")
Bernardo Madriñán González, nado en Donramiro (Lalín) en 1883, foi un avogado e político galego.
Bernardo Madriñán | |
---|---|
Nacemento | 1883 |
Donramiro | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Concelleiro en Lalín dende 1911, foi un dos líderes mauristas locais. En 1916 dirixiu o periódico La Lucha. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 15 de abril de 1930, permanecendo no cargo ata a Segunda República. Presentouse ás eleccións do 12 de abril, pero foi derrotado. Durante a República encadrouse primeiro no Partido Liberal Demócrata, e en 1935 no Bloque Nacional de Calvo Sotelo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser nomeado alcalde de Lalín, permanecendo no cargo ata o ano seguinte.
Predecesor: José María Abeledo Batán |
Alcalde de Lalín 1930 - 1931 |
Sucesor: Manuel Ferreiro Panadeiro |
Predecesor: Xesús Golmar Rodríguez |
Alcalde de Lalín 1936 - 1937 |
Sucesor: Alfonso Garra Goyanes |
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Igrexas, Manuel (2005). Memoria Histórica Democrática, ed. Asasinados por pensar e desexar para todos un mundo mellor. A represión franquista na Comarca do Deza (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2013.