Alfonso Alonso Portugués
labrego e músico galego
Alfonso Alonso Portugués, nado en Mourentán en 1903, e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() Mourentán, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1936 ![]() Tenorio, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrego, músico ![]() |
Traxectoria
editarTiña un viveiro na súa casa do Urzal (Barcela). Apaixonado da música, tocaba na antiga Banda de Música de Arbo e tamén o órgano na igrexa de Arbo. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Notas
editar- ↑ Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán).