Abrir o menú principal

José Gómez Sampayo

TraxectoriaEditar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), en 1930 visitou Buenos Aires onde recibiu numerosas homenaxes, algunha compartida co Doutor Asuero. Durante a Segunda República Española foi médico en Arbo. En xuño de 1934 foi designado delegado sanitario no balneario de Salinillas de Buradón (Áraba)[2]. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

NotasEditar

  1. Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. El Pueblo Gallego, 19/6/1934, p. 12.

Véxase taménEditar