Ramiro Granja González
Ramiro Granja González, nado en Filgueira (Lalín) en 1889 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 ![]() Filgueira, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1936 ![]() Tenorio, España ![]() |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi un dos fundadores da Sociedad obrera de Ponte-Nova de Donsión en 1931 e acabou sendo elixido presidente da mesma en 1936. En maio dese ano Luís Frade nomeouno axente executivo para o cobro de impostos municipais. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín con varios compañeiros da sociedade o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no Cuartel da Falanxe. Alí foi torturado, obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e a entregar os libros da sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Vida persoal
editarCasou con Balbina Barcala, tivo seis fillos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza.