Antonio Picallo Buela
político galego
Antonio Picallo Buela, nado na Estrada cara a 1896 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 A Estrada, España |
Morte | 9 de novembro de 1936 (39/40 anos) Tenorio, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarRecibiu unha bolsa da Fundación Figueroa en 1904.[1] Veciño de Pontevedra dende os anos vinte, traballou como obreiro. Foi vendedor de periódicos de propaganda comunista na República. Foi detido en xaneiro de 1935 por agredir a Manuel Argibay Solla.[2] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por soldados de artillaría o 20 de xullo. Foi trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín,[3] para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). Foi xulgado na causa 742/36 de Pontevedra.