Festa da filloa de Valongo
Coordenadas: 42°26′11″N 08°27′31″O / 42.43639, -8.45861
A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo-Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.
Características
editarA festa comeza o venres cunha churrascada. O sábado ten lugar o concurso degustación, con filloas preparadas en tixola ou á pedra. Os doces, elaborados con fariña, leite, ovos e sal, adoitan ir recheos de produtos como chocolate fundido, mel, crema pasteleira, marmelada ou nata.
A celebración comezou en 1979 da man de Amadeo Redondo Fraguas, e posteriormente potenciada por amigos seus entre os que destaca Manuel Antas Fraga, un veciño da parroquia emigrado a Salvador de Bahia (Brasil). A festa acompáñase de actos relixiosos e dunha verbena, na que actuaron orquestras como a Sintonía, ou Los Satélites e artistas como Georgie Dann, Conchita Bautista ou Fuxan os Ventos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "A festa da filloa del indiano", artigo de Primitivo Carbajo en El País, 6 de setembro de 2008 (en castelán).
- "Valongo celebra a trixésima quinta edición da súa Festa da Filloa", atigo de Laura Díaz no Diario de Pontevedra, 31 de agosto de 2013.