Rosario Dúrcal

actriz, cantante e vedete

María del Rosario Sanz Ruíz, coñecida como Rosario Dúrcal, nada en Lugo[1] o 1 de marzo de 1927[2] e finada en México en 1993, foi unha actriz, cantante e vedete galega[3].

Rosario Dúrcal
Nacemento1 de marzo de 1927
LugarLugo
Falecemento1993
LugarCidade de México
NacionalidadeEspaña
Profesióncantante
Na rede
IMDB: nm0246917 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era filla de Tilka Rey, pianista, e de Luis Sanz Rey, militar.

Dúrcal desenvolveu a súa carreira profesional como actriz de cinema en México. A primeira vez que logrou un papel protagonista foi no filme En la hacienda de la flor (1948). Outras películas nas que participou foron, por orde cronolóxica, La miel se fue de la luna (1951), Las medias de seda (1955), La sangre de Nostradamus (1959) ou Las leandras (1960).

É a nai do actor mexicano Luis Xavier Cavazos.

Notas editar

  1. Segundo a investigadora Aurora Marco, A Coruña foi o lugar de nacemento da actriz. Non obstante, todas as restantes fontes falan de Lugo.
  2. Ficha de Sanz Ruiz, Rosario en Movimientos Migratorios Iberoamericanos. (en castelán)
  3. Entrada no blog de Paco Rivera no xornal El Progreso o 10 de maio de 2013. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Entrevista de Santiago Castelo en ABC, 24 de xuño de 1973.