William McKinley

William McKinley, nado en Ohio o 29 de xaneiro de 1843 e finado en Buffalo o 14 de setembro de 1901, foi o vixésimo quinto presidente dos Estados Unidos de 1897 a 1901.

William McKinley
William mckinley.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1843
Lugar de nacementoNiles
Falecemento14 de setembro de 1901
Lugar de falecementoBuffalo
Causaferida por arma de fogo
SoterradoMcKinley National Memorial
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónMetodismo
Alma máterAllegheny College, Albany Law School, University of Mount Union e Poland Seminary High School
Ocupaciónpolítico, avogado e estadista
PaiWilliam McKinley Sr.
NaiNancy Campbell Allison
CónxuxeIda Saxton McKinley
FillosKatherine McKinley e Ida McKinley
IrmánsDavid Allison McKinley, James Rose McKinley, Annie McKinley, Helen McKinley, Mary McKinley, Abbie Celia McKinley, Sarah Elizabeth McKinley e Abner Osborn McKinley
Na rede
IMDB: nm0571838 Discogs: 2184420 WikiTree: McKinley-184 Find a Grave: 699 Editar o valor em Wikidata
William McKinley Signature-full.svg
editar datos en Wikidata ]

Foi presidente durante a Guerra Hispano-Estadounidense de 1898. Co seu mandato comezou un período de dominio do Partido Republicano, durante o cal se fomentou a actividade mercantil e Estados Unidos converteuse nunha potencia mundial tras a súa vitoria na guerra contra España polas últimas colonias de Ultramar.

TraxectoriaEditar

Declaración de guerra a EspañaEditar

En 1898, McKinley intentou axudar a Cuba declarar a independencia de España. Cando o 15 de febreiro o acoirazado americano Maine estoupou misteriosamente no porto da Habana, o 29 de marzo ante a amplitude da presión popular e as consecuencias dunha inacción sobre o resultado das futuras eleccións, MacKinley cede á opinion pública: o 29 de marzo, envía un ultimato a España, esixindo un armisticio inmediato a Cuba e a independencia da illa, Madrid xa aceptara practicamente todas estas condicións[Cómpre referencia]. Xa que logo o 11, convencido de que a súa popularidade tiña ese prezo, o Presidente demanda ao Congreso de declarar a guerra a España.

 
William McKinley no anverso dun dólar presidencial de 2013.

O 25 de abril, os Estados Unidos lánzanse así nunha cruzada romántica e oficialmente idealista, non sen afirmar que rexeitaban « calquera desexo ou intención de exercer algunha soberanía, xurisdición ou control da illa, pois era soamente coa única intención de pacificala ... »

En tan só catro curtos meses de guerra e co Tratado de París asinado o mes de decembro, os Estados-Unidos de América, despois de anexionarse Hawai o mes de xullo, compran por 20 millóns de dólares as illas Filipinas a España a cal, por outra banda, concede por razóns de indemnización de guerra, Porto Rico e a illa de Guam recoñecendo pola mesma a independencia de Cuba.

Mentres tanto, o Secretario de Estado John Hayso negociou unha política comercial con China, e arranxou con outro tratado baixo o cal os Estados Unidos construirían e posuirían a Canle de Panamá.

A súa reelección polo segundo mandato que gañaría McKinley en 1900, foi interrompida o 6 de setembro do ano seguinte en Buffalo polas balas do anarquista polaco, Leon Czolgoszdun.

Na súa memoria chamouse McKinley unha das montañas máis altas de América (Pico McKinley en Alasca).

Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
Grover Cleveland
William McKinley
Precede a:
Theodore Roosevelt, Jr.
Partido Republicano