Unha falsificación é un acto consistente na creación ou modificación de certos documentos, efectos, bens ou produtos, co fin de facelos parecer como verdadeiros, ou para alterar ou simular a veracidade.

As falsificacións poden ser realizadas, entre outros, respecto de documentos públicos ou privados, moedas, billetes ou outros valores, e produtos de marcas comerciais. Nos primeiros casos é un delito que afecta a fe pública, podendo chegar a ser unha modalidade de fraude, mentres o último enténdese que é unha vulneración da propiedade industrial (ao ser copias sen licenzas, para ser vendidas coma se fosen orixinais).

Falsificacións de produtos

editar

Usualmente as falsificacións de produtos comerciais son dunha menor calidade que o orixinal e custan menos. Diferénciase da denominada "piratería" (infraccións ao Dereito de autor), en que nestas se copian obras ou traballos facilmente reproducibles, como libros, música e software.

Case calquera produto comercial é susceptible de ser falsificado e a súa produción converteuse nunha verdadeira industria especializada. O avance da tecnoloxía permite facer falsificacións máis difíciles de detectar pola súa semellanza ao orixinal. Existen algúns mecanismos que incorporaron os fabricantes orixinais para evitar a falsificación dos seus produtos: holografías, marcas á auga, certificados de orixinalidade. As falsificacións ameazan os intereses económicos e morais dos fabricantes e prexudican a economía, seguridade e estrutura social.

Falsificacións máis comúns

editar
  • Documentos e valores: falsificación de moeda metálica, fichas de casinos, papel moeda (billetes), diplomas e títulos, entradas ou billetes a espectáculos, boletas electorais ou votos, documentos de identidade, cartóns de crédito, fotografías, cheques, pasaportes, selos postais, filmacións, marcas, documentos históricos.
  • Artigos de luxo e obras de arte: cadros, esculturas, fósiles.
  • Roupa e accesorios: lapis, carteiras, perfumes, reloxos, zapatillas, teléfonos celulares.
  • Partes e pezas: repostos, pilas, artigos electrónicos, armas.
  • Xoguetes
  • Alimentos, bebidas e medicamentos: licores,