Glifo
Un glifo (do grego glýfō, esculpir ou tallar) é un signo gravado ou, por extensión, pintado. Por exemplo, os glifos da escrita maia ou da exipcia, tradicionalmente máis coñecidos neste último caso como xeroglífico (do grego talles sacros ou sacerdotais).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Palenque_15.jpg/250px-Palenque_15.jpg)
En tipografía, un glifo é unha representación gráfica dun carácter, de varios caracteres ou de parte dun carácter e é o equivalente actual do tipo de imprenta (a peza que tiña gravada a letra). Un carácter é unha unidade textual mentres que un glifo é unha unidade gráfica. Por exemplo, a ligadura fi representarase como un glifo nas fontes tipográficas que o teñan, no suposto de que o sistema empregado na composición o recoñeza (como por exemplo TeX, os programas de maquetación en xeral e os procesadores con funcións tipográficas avanzadas).
Un carácter pode corresponder a varios glifos ou varios caracteres a un glifo (unha codificación de caracteres).