Palenque, Chiapas
Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional Palenque | |||
Localización | ||||
División administrativa | Palenque, México | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1.772 ha | |||
Ben cultural baixo protección especial | ||||
Data | 30 de marzo de 2015 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) | |||
Identificador | 411 | |||
A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional.[1] A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.[2]
Monumentos máis importantes
editarPalenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do sur de México, nos límites da península do Iucatán. Entre as construcións accesibles, figuran as seguintes:
- a Pirámide das inscricións;
- o Palacio;
- o Templo da Cruz;
- o Templo da Cruz foliada;
- o Templo do sol;
- a cancha do xogo de pelota;
- o grupo norte.
As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.
Gobernantes
editarOs gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes:
- K'uk' Bahlam I - 11 de marzo de 431, 435
- Casper (é un alcume; o nome antigo non se puidera descifrar, descubriuse posteriormente que era Ch'aaj K'ik'[3]) - 10 de agosto de 435, 487
- B'utz Aj Sak Chiik - 29 de xuño de 487, 501
- Ahkal Mo' Nahb I - 5 de xuño de 501, 524
- K'an Joy Chitam I - 25 de febreiro de 529, 8 de febreiro de 565
- Ahkal Mo' Nahb II - 4 de maio de 565, 23 de xuño dd 570
- K'an B'ahlam I - 8 de abril de 572, 3 de febreiro de 583
- Yohl Ik'nal (unha muller) - 583, 604
- Aj Ne' Ohl Mat - 605, 612
- Sak K'uk' (unha muller) - 612, 615
- K'inich Janaab' Pakal (chamado Pacal II ou Pacal o Grande) - 615, 683
- K'inich Kan Bahlam II (Chan Bahlam II) - 683, 702
- K'inich K'an Joy Chitam II - 702, 711
- K'inich Ahkal Mo' Naahb III (Chaacal III) - 3 de xaneiro de 722, despois de 729
- K'inich Janaab' Pakal II (Pacal III) - até 742
- K'inich Kan Bahlam III (c. 751)
- K'inich K'uk' Bahlam II - 8 de marzo de 765, data ignota
- Wak Kimi Janaab' Pakal (Pacal IV) - 13 de novembro de 799, data ignota
Notas
editar- ↑ conanp.gob.mx. "20 de julio de 1981 - Decreto por el que se declara Parque Nacional, con el nombre de Palenque" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ Unesco. "Pre-Hispanic City and National Park of Palenque" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012.
- ↑ Vega, 2009; 207