Ligadura (tipografía)
En tipografía unha ligadura é un signo formado pola unión de dous ou máis grafemas que adoitan escribirse tamén separados.
Historia
editarA orixe das ligaduras está na necesidade de economizar esforzos na escrita durante a Idade Media, cando non existía ningunha forma de mecanización da escritura. Ao introducirse a imprenta de tipos móbiles, o desexo de fidelidade con respecto á escritura manual obrigou a adoptar moitos signos combinados. Na Biblia de Gutenberg, que imita o estilo apertado dos manuscritos centroeuropeos da época, empréganse ata trescentos signos distintos, entre versións de letras e ligaduras.
Usos actuais
editarAs ligaduras empregadas na tipografía moderna teñen dúas funcións:
- Resolver a inelegancia coa que se combinan ás veces caracteres tipográficos que aparecen consecutivos, como ocorre coas ligaduras “fi” (fi) e “fl” (fl).
- Representar ligaduras históricas, herdadas da escritura manual. Algunhas destas convertéronse en signos de identidade das linguas, como o “ese-zeta” (eszett) alemán (ß) ou o eñe castelán (ñ).
A ligadura que une DE emprégase en castelán para dar unha imaxe arcaica un texto.
Símbolos procedentes de ligaduras
editarAlgúns símbolos teñen a súa orixe en ligaduras. Porén, xa non son poden ser considerados como tales. Entre eles inclúense:
- A arroba (@), procedente da unión ad ou at, e o e comercial (&), que procede da conxunción latina et.
- Os símbolos empregados para abreviar a peseta española (₧, de Pts) e o franco francés (₣, de Fr).
- A abreviatura para o planeta anano Plutón (♇, de PL).
- Moitos símbolos alquímicos teñen a súa orixe en ligaduras.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ligadura |