Abrir o menú principal

Os homógrafos son palabras que se escriben igual pero teñen significados diferentes, como por exemplo mango (froita) e mango ("rabo"), que teñen sentidos diferentes, etimoloxías diferentes e a mesma representación gráfica e a mesma pronuncia.

Fálase tamén de homógrafos para os casos de polisemia, ou sexa, cando unha mesma forma representa dous sentidos claramente diferenciados, como orde, "disciplina" ou "secuencia".

Dous homógrafos poden ter tamén pronuncias diferentes, como bóla ("esfera") e bola ("peza de pan"). En moitos casos, como neste mesmo exemplo, utilízase un acento diacrítico.

A este fenómeno lingüístico chámaselle homografía.

Na Galipedia, utilízase homónimo en certas páxinas especiais para casos que poden ser tamén de homografía.